lunes, 14 de junio de 2010

Palabras de 1992 que nos valen coma novas...


Hoxe, na Biblioteca, ao recibir o cargamento de libros novos que nos faltaba por chegar, decidimos que estas palabras seguen a ter un valor enorme. Para os que non as coñecedes, aí vai este fermoso pensamento e a petición que o acompaña, en forma de desexo que compartimos:

"Creo, amigos, que paga a pena ter un libro nas mans, aínda que sexa roubado, e probalo como quen proba por vez primeira o pan.

En nome dos queridos libreiros, da industria editorial e dos dereitos de autro, convido á xente a que leve da feira un cesto con produtos da terra, da agricultura dos soños, labrados e colleitos por campesiños das palabras. Agora ben, confidencialemnte, e xa só no meu nome, como gaiteiro libertario, sentiríame orgulloso de que en Galicia abundasen os ladróns de libros. Oxalá a nosa identidade delictiva no futuro non se mida por incendios forestais ou narcotráfico, senón por contrabando de libros, por substraccións de libros e por adicción aos libros.
¡En calquera caso, Saúde e Terra, irmáns!"

Manuel Rivas, Toxos e flores


Fermoso, non si?
Pero se non queredes delinquir, e si alimentar o voso espíritu, aí están os libros esperando por vós, na biblioteca... Sacádeos do seu soño e sede, vós tamén, campesiños das palabras.

2 comentarios:

  1. Fermoso, si. Como fermosa e ilusionante é a iniciativa de sacar adiante un blog desta calidade que, sen dúbida, reflicte a marcha dunha biblioteca chea de vida. Parabéns.
    Roberto Cid Galante
    Inspección educativa

    ResponderEliminar
  2. Grazas Roberto, o teu comentario anímanos a facer cada vez un pouco máis. Estamos a aprender, pero ¡válenos moito saber que alguén nos le!

    ResponderEliminar