martes, 27 de abril de 2010

O espazo... a fronteira final...

Esta bitácora non é a do Enterprise, pero se coma min amades levantar a vista cara o ceo, esta é unha das vosas páxinas.

http://www.nasaimages.org/


Boas noites, e boa sorte

lunes, 26 de abril de 2010

E ti para que les?

Acumúlasenos o choio por culpa desta finde sen electrónica.

Mirade o que fixeron outras bibliotecas escolares para o Día do Libro. É un fermoso regalo, sobre o pracer da lectura, grazas por compartilo con nós.

O curso que vén, apuntámonos!!!




P.S.: Seguro que se les ata a fin, atopas polo menos unha razón para ler. Por que non fas a proba?

Festa dos libros

Estes días, os "electroduendes" estiveron dando voltas polos nosos ordenadores, e impediron que fixéramos a entrada que tiñamos preparada para celebrar o Día do Libro. Tarde, mal e arrastro, aquí a tedes.

Festa dos libros

A UNESCO decretou que o día 23 de abril celébrase o Día do Libro. É a festa de nós, os lectores, que amamos eses obxectos preciosos, pero amamos máis o que levan dentro. É a festa dos que aínda non sodes lectores, pero tal vez aprendades a aprezar o que os libros son e conteñen, pois só podemos querer o que coñecemos.
Na Biblioteca, todos os días hai unha festa dos libros. Ven celebrala cando queiras.

jueves, 22 de abril de 2010

Ser un xenio non quita de poder liala...

Non lle quita valor á celebración, porque os libros sempre son motivo de alegría, pero entereime disto esta mañá. Se escoitades o podcast, seguro que entendedes o título do comentario.

Polo menos, botaredes unhas risas:

http://www.rtve.es/mediateca/audios/20100422/cervantes-murio-abril-dias-como-hoy/751644.shtml

miércoles, 21 de abril de 2010

A "canica" azul




Este obxecto planetario, de tamaño modesto, que parece flotar sobre un leito de veludo é o único fogar que coñecemos. Só del temos a certeza de que é capaz de soster a vida.

Fermoso, variado e tan acolledor como fráxil.

Todos os días deberíamos celebrar O Día da Terra.
Para sabermos máis e pensar un pouco:


http://www.earthcharterinaction.org/contenido/

martes, 13 de abril de 2010

O sabor das palabras.

Un bo (e querido) amigo cóntame nunha charla:

Mamihlapinatapai (a veces escrita incorrectamente como mamihlapinatapei) es una palabra del idioma de los indios yámanas de Tierra del Fuego, listada en el Libro Guinness de los Récords como la "palabra más concisa del mundo", y es considerada como uno de los términos más difíciles para traducir. Describe "una mirada entre dos personas, cada una de las cuales espera que la otra comience una acción".

Aprendeu a palabra lendo a José Antonio Marina e mandoume a cita.

Diredes: e que?
Pois nada, pero a min gustoume o sabor da palabra.

Poema do mes: abril

Non podía ser outro:

The Waste Land

I. THE BURIAL OF THE DEAD


APRIL is the cruellest month, breeding
Lilacs out of the dead land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Winter kept us warm, covering
Earth in forgetful snow, feeding
A little life with dried tubers.
Summer surprised us, coming over the Starnbergersee
With a shower of rain; we stopped in the colonnade,
And went on in sunlight, into the Hofgarten,
And drank coffee, and talked for an hour.
Bin gar keine Russin, stamm' aus Litauen, echt deutsch.

(Tomado de www.bartelby.com)

T.S. Elliot publicou A terra baldía en 1922. O primeiro verso é un dos máis citados da cultura anglosaxona (tamén é un dos que máis cito eu).
Esta é a tradución de urxencia, perdón polos moitos erros:

I. O ENTERRO DOS MORTOS.

Abril é o mes máis cruel, fai crecer
lilas da terra morta, mesturando
a memoria co desexo, estremece
as raíces murchas con choiva de primavera.
O inverno mantívonos quentes, cubrindo
a Terra con neve de esquecemento, alimentando
unha pequena vida con tubérculos secos.
O verán sorprendeunos, pasando sobre o Starnbergensee
cunha ducha de choiva; paramos na columnata,
e continuamos baixo a luz do sol, ata o Hofgarten,
e tomamos café, e falamos durante unha hora.
Bin gar keine Russin, stamm' aus Litauen, echt deutsch.

(Ei, se tedes unha tradución mellor, enviádenola, grazas)


Para sabermos máis de Elliot e A terra baldía: http://letras-uruguay.espaciolatino.com/aaa/eliot/bio.htm

Cartas de amor

Tardamos, pero por fin podedes ler as cartas gañadoras do concurso deste ano. Estamos moi orgullosos, a calidade é cada ano mellor.
Parabéns, autores!!