lunes, 15 de marzo de 2010

Miguel Delibes


Non andamos sobrados de xente boa, así que sempre é unha perda enorme a morte de quen, incluso por riba da súa excelencia na arte, foi sobre todo unha boa persoa.

A estas alturas, xa vos fago enterados de que morreu Miguel Delibes, así que non abondarei na súa biografía, que seguro xa escoitastes nos telexornais ou lestes na prensa. Nin sequera vou parar na valoración da súa obra, que recolle un uso magnífico e rico do castelán. Tampouco incidirei moito rato en como retrata á perfección a sociedade da España de posguerra, esa España prexuizosa, pechada sobre si mesma, rural e pobre, onde o terrible formaba parte do cotián, sempre pintada con tenrura, dirixida aos máis febles.

Só lle vou brindar a mellor homenaxe que coñezo, invitar á lectura da súa obra. Na biblioteca vos están esperando Menchu, El Mochuelo, Azarías, Paco el Corto e moitos outros.
Picade na ligazón que segue para atopar no catálogo da biblioteca os libros de Delibes.
http://tinyurl.com/yjap2dd[Open in new window]

No hay comentarios:

Publicar un comentario