martes, 16 de marzo de 2010

Malos tempos para a lírica...

... para a lírica, para a épica, para a égloga... (a enumeración non é miña); aínda que o panorama en xeral, de cerca ou visto con prismáticos, augura unha auxe incríble da traxicomedia: rir e chorar, ou rir para non chorar.
Refuxiémonos na poesía, que nos acubille da que está caendo. As musas están aí, sempre, aínda que anden ultimamente de caspa caída.
O 21 de marzo, equinoccio de primavera no noso hemisferio boreal, é o Día internacional da poesía. Bobadas: todos os días sae a poesía ao noso encontro, basta con que saibamos recoñecela.
Agroman as flores todas, chían coquetamente os paxaros, o sol agarímanos os ósos, e a fin da avaliación está aí, coa sua incitante promesa de vacacións. Xúntate a nós, e celebremos xuntos un placer dos que aínda son de balde.

E para abrir boca, outro guiño á nostalxia, de cando tiñamos a vosa idade e comezabamos a saber que a poesía é unha arma cargada de futuro:
http://tinyurl.com/b3sxph[Open in new window]

No hay comentarios:

Publicar un comentario