martes, 15 de febrero de 2011

Día da Paz

Celebramos a paz todos os días, por iso, aínda que tarde, aquí tedes a presentación que fixo Cecilia para lembrarmos por que lle adicamos un día


domingo, 13 de febrero de 2011

Concurso Cartas de Amor

Lembrade que está aí á volta da finde o remate do prazo para presentar as vosas cartas de amor, desamor ou desengano ao concurso que anualmente convoca o Equipo de Normalización Lingüística (ENDL) do IES O Ribeiro. Para vos refrescar a memoria e a creatividade, aquí tedes o cartel coa convocatoria e as bases:









Aínda estades a tempo!!!! Corre, que o amor espera... e o premio.

viernes, 11 de febrero de 2011

Escribindo como máquinas


Os alumnos de 2º de Bacharelato experimentaron coa escritura automática surrealista. Velaquí os resultados:

2º BAC A

Non ten nada que ver
chorar, chover e, como sempre, volver
a esa terra que quero ver.
De noite e de día
imos facer caligrafía.
Campos de versos sen sentido
con corazóns desterrados
e a miña alma sen capitán
igual que o meu barco pirata no mar.
Cando vexo o sol saír e o mar brillar
as esperanzas regresan
e cada vez parece que estamos máis preto;
pero logo volves marchar
e eu quedo en soidade
pero sei que me queres.




2º BAC B


Quixera ser unha nena
pequena coma unha boneca,
grande como a ignorancia
e pequena coma un gato.
¡Como os gatos pegan tanto!
Andan con botas de ouro.
Teño ganas de mexar
porque a cabeza non para.
¡Non para!
Vendemos imaxinación
e cos cartos mercamos mazás.
Caio, abaixo. Escuro. Topo co chan.
¡Pum! E matei o can
debaixo do curral.


2º BAC C


Boca de piñón, bícame con frenesí.
Mira os meus beizos gordos e carnosos
e a miña mirada
reflicte a miña namorada
cos seus ollos azuis
e o seu cabelo loiro
que poucas veces lava
para cheirar ben.
Unha flor no campo
con pétalos de cores.

miércoles, 2 de febrero de 2011

O noso veciño máis próximo

Seguro que coñecedes o blogue da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, pero era un olvido imperdonable que non tivesemos feita a ligazón co noso.

Saúdos, veciños!!!

Xa sabedes: http://www.bpribadavia.blogspot.com/

jueves, 20 de enero de 2011

Astronomía diaria.

Cristina, de 2º B, atopou esta mañá esta ligazón que abre unha ventá ao universo que coñecemos.
Cada día, unha imaxe do que espera máis aló das nubes, cun comentario que nos explica o que vemos.

Esperamos que as gocedes.

http://observatorio.info/2009/10

martes, 21 de diciembre de 2010

Ben falado!!!

Os ben falados Nora, Tamara, Íñigo, Gabriel e Mauro presentan os carteis do concurso Contra a violencia de xénero, convocado no IES O Ribeiro para o 25 de novembro de 2009. Deixámosvos unha ligazón para que os vexades no programa da TVG Ben falado!. Dá gusto escoitalos

E dá gusto volver a ver os carteis. Son de profesional!! Noraboa rapaces e rapazas!! E noraboa, Maite e Chus!!


http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=21/12/2010 15:17:12&fecha=17/12/2010&arquivo=1&programa=BEN+FALADO!&id_programa=456&corte=&mp4=0&medio=

E porque os da tele non viron aínda os deste curso!!!

jueves, 9 de diciembre de 2010

10 de Decembro

Mañá conmemoramos a aprobación por parte da ONU da Declaración dos Dereitos Humanos. Dende 1948 moito se ten avanzado, pero aínda máis queda por avanzar.

Cecilia aporta unha vez máis o seu traballo ao Tobo, con esta presentación que analiza os dereitos que nos pertencen. Lede e reflexionade.