Mostrando entradas con la etiqueta editorial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta editorial. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de abril de 2010

Festa dos libros

Estes días, os "electroduendes" estiveron dando voltas polos nosos ordenadores, e impediron que fixéramos a entrada que tiñamos preparada para celebrar o Día do Libro. Tarde, mal e arrastro, aquí a tedes.

Festa dos libros

A UNESCO decretou que o día 23 de abril celébrase o Día do Libro. É a festa de nós, os lectores, que amamos eses obxectos preciosos, pero amamos máis o que levan dentro. É a festa dos que aínda non sodes lectores, pero tal vez aprendades a aprezar o que os libros son e conteñen, pois só podemos querer o que coñecemos.
Na Biblioteca, todos os días hai unha festa dos libros. Ven celebrala cando queiras.

domingo, 14 de marzo de 2010

Estamos aquí !!!!!



Ribeiriño, o rato que por fin tivo nome



Ola!!


Por fin, a biblioteca do IES O Ribeiro está no ciber espazo! Abrimos as ventás e saímos ao voso encontro, primeiro co boletín, e agora con esta pequena nave de exploración, que nos permitirá chegar onde ninguén estivo antes...
Perdoade, sempre quixen dicir isto.
O Tobo do Ribeiriño pretende ser acolledor, bonito e fresco, como corresponde ao acocho dun rato de biblioteca. Axudádenos a que haxa sitio para todos e a que todos teñamos un sitio.
Acompañádenos nesta busca do coñecemento, da información, do entreteñemento. Para nós, o grupo da biblioteca, está sendo unha aventura, e que aventura paga a pena se non se pode compartir?
Aos que nos precededes nesta aventura da biblioteca escolar, grazas por estar aí, polo voso consello e a vosa axuda.
Aos alumnos e alumnas do IES O Ribeiro, este blog non ten sentido se non o facedes voso, sabemos que participaredes nel, como participades da biblioteca.
Aos profesores e profesoras que nos axudades e sufrides, aquí tamén tedes un sitio para vós. O mesmo que está aberto ao persoal que nos fai a vida máis doada no centro, que colabora xa tanto coa biblioteca. E aos pais, e a todo aquel que, de paso, por casualidade, pescudando na rede, crea que ten algo que dicir e queira compartilo con nós.
Este é un tobo un pouco insólito, coas portas e as fiestras sempre abertas, esperando que queirades pasar, acomodarvos, e dicir algo. Sodes sempre benvidos