Mostrando entradas con la etiqueta Cervantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cervantes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Era de xustiza


Me han pasado cosas muy malas en la vida, y cosas maravillosas. Lo que sí sé es que he vivido mucho, muy intensamente: una equivocación muy maja, no sé qué es aburrirse.



Que lle deran o premio Cervantes a Ana María Matute era simplemente cuestión de xustiza.
Fráxil en apariencia, esta muller enferma de literatura desde os 4 anos, pequeniña e incríblemente doce e divertida, contén no seu corpo pequeno unha extraordinaria cantidade de palabras. Fai maxia con elas, porque é unha nena marabillosa, asombrosa e permanentemente asombrada. Unha especie de avoa de todos que fai libros coma quen te colle no colo para protexerte (e protexerse) do abismo.

Algo para reflexionarmos: é a terceira muller á que se lle concede este premio en 35 anos, despois de María Zambrano (1988) e Dulce María Loynaz (1992). De verdade hai tan poucas escritoras en castelán que merezan este recoñecemento?

Matute escribe porque é a súa maneira de ser e estar na vida

Se queredes que vos conten a súa vida:
http://escritoras.com/escritoras/escritora.php?i=8
Se queredes saber como se ve ela a si mesma:
http://www.elmundo.es/magazine/num113/textos/entrevista.html
Se a queredes ver e escoitar:
http://www.publico.es/culturas/348352/ana-maria-matute-premio-cervantes

Pero se queredes entrar nun mundo incrible que está aí, pero non o sabiamos ata que esta fada o revelou, lede á Matute!!!!





P. S. María B., que ama Olvidado rey Gudú  entre moitos outros libros e por riba de calquera outro libro fantástico e considera que é o máis delicioso que leu na súa vida, está a revolver o Tobo todo facendo a "ola" e berrando: "Xa era hora, ho!".